eva-artes

miércoles, febrero 07, 2007


A última clase de NNTT foi unha das máis relaxadas para min (por non dicir na que máis relaxada estiven) xa que sempre tiven que estar moi atenta a todas as explicacións de todo o que tiñamos que facer: todo era novo para min!! E sentíame incapaz de realizar todas as tarefas propostas. Ó principio parecíame todo case imposible de facer: a presentación "powerpoint" resultábame complicadísima!! pero agora que a vexo dende outra perspectiva (a perspectiva de meterme no programa e crear unha) teño que dicir que para nada é complicada, todo depende das tuas ideas e de como as organices!

Con respecto á WEBQUEST outro tanto do mesmo: ¡¿como ía eu ser capaz de crear unha WEBQUEST?! Pero todo está en intentalo, borrar, volver a intentalo...ata que por fin o consegues. Tamén é importante ter unhas compañeiras de grupo coma as miñas: traballadoras e con ganas de experimentar! Nós tivemos os nosos problemas, claro que sí, pero despois de insistir moito conseguimos rematala, e penso que non nos quedou moi mal! A min dende logo gústame moito, sobre todo porque é "a nosa creación"!!

O que sí me está resultando un pouco máis complicado é o portafolio, non por difícil senón porque non sei estructurar ben as miñas ideas e o que quero poñer: non sei se eso transmite ben o que penso. Por eso elimino, reconstrúo, volvo a eliminar... Espero que me quede ben, aínda que sei que vai ser moi sinxelo pero creo que vai acorde ós meus coñecementos actuais, pois fai 4 meses non tiña a menor idea do que era un portafolio, unha webquest ou un software educativo!

Por tanto, penso que experimentei un gran avance na miña aprendizaxe con respecto a estas novas tecnoloxías non só porque sei o que son, senón tamén porque sei crear todos eses materiais. Pero tamén aprendín que non basta con eso: o importante é APLICALOS na clase!

A miña reflexión tras rematar esta materia sería que é importante a aplicación na aula de materiais inéditos e propios!!

2 Comments:

At 11:53 a. m., Blogger laurablog17 said...

Hola Eva!yo también comparto la idea de que todo lo que hemos aprendido va a ser fundamental luego para aplicarlo en las clases como una manera novedosa de aprendizaje. En cuanto al trabajo en grupo y mucho más os doy las gracias a ti y a Cris porque me habeis aportado mucho y son fenomenales!
1 bestito

 
At 11:44 p. m., Blogger mamiago said...

hola Eva, no me atrevía mucho, pero creo que tú tambien, estas con mi hermana Cris en eso de los blogs¿? mucho ánimo.

 

Publicar un comentario

<< Home