eva-artes

martes, enero 23, 2007

Cada día sorprendome un pouco máis a min mesma con respecto ó uso das novas tecnoloxías!! Pois nunca me crin capaz de chegar a elaborar materiais propios e orixinais, como a presentación PowerPoint e a Webquest. Bueno, gracias claro está á axuda das miñas compañeiras de grupo! Eu sempre fun un paso por detrás de todo o mundo con respecto a estas novas tecnoloxías (non me refiro só a esta asignatura, senón ás tecnoloxías en xeral, pois cando todo o mundo navegaba en Internet con toda naturalidade eu aínda estaba empezando!). Sempre tiven como medo a non ser capaz de aprender a usalas. Pero estoume dando de conta, ó ter que facer estes traballos, que todo é poñerse, que aínda que che leve un pouco máis de tempo que ós demáis, ó final dalo rematado. E que satisfeita te sintes ó ver ás tuas creacións!!
Ó que sí lle teño un pouco máis de respeto é á elaboración do Portafolio, pois paréceme un material moi elaborado e non sei se estarei á altura. Vou esforzarme en facelo o mellor posible e que sexa orixinal, pero aínda non sei como organizalo.

1 Comments:

At 12:30 p. m., Blogger cris said...

Ando coma ti, dándolle voltas ó formato sobre todo, e pensando que quizas en grupo ía ser un pouco máis fácil.
Sólo quería darte as gracias por ser parte do grupo. Como lle contaba a Laura, non sei se foi sorte, ou que conectamos moi ben, ou que todas fixemos un moi bo traballo como integrantes deste equipo, a experiencia foi moi boa. Gracias por estar ahí, e por todas as túas boas ideas en todo-los proxectos.

 

Publicar un comentario

<< Home